ERÓTICA MEDIEVAL GALAICA Ver más grande

ERÓTICA MEDIEVAL GALAICA

9788415400912

Nuevo

OLGA NOVO

TOXOSOUTOS

Como amamos? Ten unha historia a sexualidade? Cales son os códigos do Eros? Cales son as súas artes? Cales son as súas figuracións e configuracións na nosa sociedade medieval? En resposta a estes interrogantes nace este libro, como un cuestionamento necesario da historia sentimental do noso pobo. 

Más detalles

13,00 € impuestos incl.

Más información

Trátase dun estudo integral que aborda, desde os estudos feministas, de historia da sexualidade, do dereito, das mentalidades e do corpo, a nosa intrahistoria medieval, desvelando, a través de textos lexislativos e literarios, os códigos eróticos dos nosos sentires e saberes como unha formulación particular do código erótico Occidental. Baixo os auspicios de Eros nace esta obra á procura da ledicia vital que loita pola vitoria do amor nas nosas cantigas medievais, e contra os males do mundo que atenazan o libre fluír das atraccións.



30 otros productos en la misma categoría: