Máis dun cento de fotografías introdúcennos no universo literario e persoal do poeta da Terra Chá, Manuel María. Nos dous cd´s que acompañan o libro podemos gozar da voz do autor recitando os seus textos, así como dunha selección das cancións compostas cos seus poemas.
MANUEL VEIGA TABOADA Manuel María tiña dúas almas, unha feita de orballo e outra de cantaría. A cada unha delas dedicoulles unha parte dos seus poemas. Viviu tempos malos e custou que fose recoñecido no seu propio país.
MANUEL VEIGA TABOADA Este libro retrata a Manuel María, o home que aspiraba a coñecer a todos os galegos, un a un. Trátase dun relato engaiolante da súa vida cotiá, acompañado sempre da súa dona, Saleta Goi, mais tamén é un fermoso percorrido polas súas actividades como procurador, libreiro, editor, xornalista...